A MALA APROVEITACIÓN DE PRODUTOS ELECTRÓNICOS
Ola a todos!
Hoxe vou falar un pouco relacionado co tema da obsolescencia programada, como poidestes ver no título que contén esta entrada. Pódevos soar un poco estraño, pero cando comece a falar sobre este termo en profundidade xa veredes como vos vai a resultar familiar.
Cando falamos de obsolescencia programada, falamos da programación do fin da vida útil dun aparello electrónico, é dicir, establecen canto vai durar ese aparello.
Á hora de elaborar ese produto, os deseñadores e fabricantes terán en conta moitos procesos para poder calcular ese tempo que establecen de vida útil debido a que van sacando novos produtos o que fai que teñas que comprar un novo , quedando o que tiñas obsoleto; e ademais tamén fan outra cousa, que é eliminar os repostos do mercado desde produto para que cando acabe a súa vida teñas que repoñelo por outro.
Iso significa, que os fabricantes establecen un tempo de vida para todo tipo de artículos, pero dentro de pouco probablemente desapareza, xa que a xente por si mesma xa tende a repoñer os produtos por outros (como por exemplo nos móbiles, que sempre queremos ter o maís novidoso en todos os aspectos, polo que ao mellor non chega ao final da vida útil o anterior dispositivo).
Isto da obsolencencia, comezou a integrarse nos produtos non fai moito tempo (non máis dun século), para que así as empresas non perderan nada de ingresos xa a que xente así comezaba a comprar máis. Hai un claro exemplo de que ao principio os artículos electrónicos non tiñan un límite de vida útil, que o vemos na existencia dunha lámpada que leva acesa dende o ano 1901 no parque de bombeiros de California.
Sen queredes podedes entrar no seguinte enlace para que vexades como está funcionando a lámpada na actualidade, en directo: https://www.centennialbulb.org/
Isto último de cambiar un produto por outro de recente presentación (novos no mercado), consiste nunha obsolescencia de desexo, entre outras máis que existen no ámbito informático.
Para que vexades un claro exemplo sobre canta xente sofre obsolescencias de todo tipo, eu teño que dicir que sufrín os dous tipos mencionadas anteriormente. Pois como o meu caso, haberá moitísimos maís por todo o mundo.
Fai moi pouco tempo sufrín a obsolescencia de desexo, xa que tiña un volante simulador Logitech G27 e como xa existía no mercado o seguinte modelo (Logitech G29) decidín cambialo, pero non foi porque se estragara se non porque quixen renovalo.
Ademais tamén sufrín obsolescencia programada xa que por exemplo moitos aparellos electrónicos que temos na casa chegan so seu fin da vida útil; no meu caso cun ordenador portátil debido a que xa tiña bastante tempo e empezaba a ir o sistema do ordenador moi lento (que impedía facer as cousas con normalidade) o que fixo que comprara un novo.
Todo isto do da obsolescencia, repercute no medio ambiente xerando numerosas discusións. Actualmente as empresas non paran a pensar todo o estrago que causan no medio natural, xa que a constante renovación dos produtos está xerando demasiados residuos que non podemos desfacernos deles facilmente.
Deste modo aquelas personas defensoras da natureza, activistas, medios de comunicación e incluso os mesmos consumidores intentan facer acción para intentar converter esta práctica. Grazas a isto moitas empresas xa comezaron outro tipo de obsolencencia programada, alongando as vidas útiles dos produtos ou tamén sendo máis solidarias co medio ambiente, utilizando materias primas reutilizables para así non xerar tantos residuos.
Finalmente déixovos un enlace a un vídeo moi interesante relacionado coa obsolescencia programada (xa é algo antiguo, pero neses cinco minutos fai un breve repaso ao que é):
Tamén vos deixo unha páxina de interese relacionada coa mesma obsolescencia (é unha noticia, que ademais contés outro vídeo moi interesante): https://retina.elpais.com/retina







No hay comentarios:
Publicar un comentario